Editorial / Contidos do Vol. 1,2 / Comité Científico / Comité de Redacción / Envío de Orixinais / Subscricións / Volumes Anteriores


Contidos do Volume 1,2.

Artigos:

Monica Heller
Bilingualism and identity in the post-modern world.

Adrian Blackledge
Monolingual ideologies in multilingual states: Language, hegemony and social justice in Western liberal democracies.

Louis-Jean Calvet & Lía Varela
XXIe siècle: le crépuscule des langues? Critique du discours Politico-Linguistiquement Correct.

Joseph Gafaranga
Language separateness: A normative framework in studies of language alternation.

Aneta Pavlenko
Access to linguistic resources: Key variable in second language learning.

Recensións:
Teun A. van Dijk (1999). Ideología. Una aproximación multidisciplinaria. Barcelona: Gedisa. (Håkan Casares Berg)

Christina Bratt Paulston & G. Richard Tucker (eds.), (1997). The Early Days of Sociolinguistics: Memories and Reflections. Dallas, TX: Summer Institute of Linguistics. (Manuel Fernández Ferreiro)

Le galicien et la sociolinguistique galicienne: à la conquête de la reconnaissance sociale de la langue.
(= Lengas 47, 2000) Université Paul Valéry, Montpellier III. (Ana Luna Alonso)


Monica Heller
Bilingualism and identity in the post-modern world.

No clima intelectual, social e cultural actual, ó menos nos contextos occidentais, o bilingüismo tende a constituírse nun valor positivo que se promove e defende. Se interpretamos o bilingüismo desde unha perspectiva ampla, este pode constituír tanto un xeito de exerce-lo poder coma de resistilo. En calquera caso, o que parece máis relevante é entende-las fontes de valor que se lle adxudica ó bilingüismo e a natureza das prácticas bilingües que se valoran, xa que non todas acadan o mesmo recoñecemento desde a perspectiva das linguas e dos grupos sociais dominantes. Suxírese como hipótese que nas ideoloxías lingüísticas actualmente dominantes na posmodernidade o bilingüismo que acada valor e recoñecemento é aquel que está baseado en determinados comportamentos e prácticas lingüísticas que só chegan a alterar moi superficialmente as ideoloxías monolingües e estandardizadoras hexemónicas na modernidade.


Adrian Blackledge
Monolingual ideologies in multilingual states: Language, hegemony and social justice in Western liberal democracies.

Nas sociedades multilingües e heteroxéneas, as ideoloxías lingüísticas son constantemente construídas e reconstruídas nas interaccións discursivas nos niveis micro e macro. Cando o grupo maioritario e dominante nunha sociedade, nunha nación, nunha nación-estado ou nunha comunidade, considera que o modelo ideal da sociedade é monolingüe, mono-étnico, mono-relixioso e mono-ideolóxico (Blommaert & Verschueren, 1998a), de contado nos atopamos con cuestións tales como '¿quen fica dentro?' e '¿quen fica fóra?'. Unha ideoloxía dominante do monolingüismo nas sociedades multilingües suscita problemas de xustiza social, e como tal ideoloxía potencialmente exclúe e discrimina a aqueles que non son capaces ou non desexan acomodarse ó estándar monolingüe. Neste artigo pasarei revista a recentes investigacións que teñen clarexado a nosa comprensión das ideoloxías lingüísticas e a xustiza social nos estados multilingües, e presentarei unha análise das prácticas discursivas cotiás en Gran Bretaña, incluíndo as prácticas monolingües nun marco educativo multilingüe, un debate sobre a ideoloxía lingüística nos medios de información locais, e mailo discurso liberal académico dun informe recentemente publicado sobre o futuro da Gran Bretaña multiétnica. A miña análise suxire que en cada un destes contextos as principais linguas minoritarias de Birmingham, e de Gran Bretaña, están sendo suprimidas do discurso público, mentres que a ideoloxía monolingüe continúa a prevalecer. Palabras clave: multilingüismo, hexemonía, xustiza social, ideoloxía.


Louis-Jean Calvet & Lía Varela
XXIe siècle: le crépuscule des langues? Critique du discours Politico-Linguistiquement Correct.

Os temas da protección ou da promoción das linguas, da defensa da diversidade cultural e lingüística, que se traducen de xeito máis amplo nunha oposición á vertente lingüística da mundialización, fundaméntanse a meirande parte das veces nun conxunto de presupostos que denominaremos discurso político-lingüisticamente correcto (PLC). Este discurso, á súa vez, enxendra reivindicacións de política lingüística que a miúdo conducen a previsibles calexóns sen saída. Neste artigo, propoñémonos presentar un modelo de análise da situación lingüística no momento da mundialización, e mais caracterizar o discurso PLC, avaliando os seus efectos sobre as políticas lingüísticas. Palabras clave: mundialización, linguas minoritarias, política lingüística, planificación lingüística, discurso epilingüístico.


Joseph Gafaranga
Language separateness: A normative framework in studies of language alternation.

Neste artigo sosterei que para dispormos dun informe 'fidedigno' sobre o funcionamento da alternancia de linguas entre falantes bilingües, debemos considerar os datos cunha actitude de indiferencia. Máis concretamente, argumentarei que non podemos asumir que os falantes bilingües falen 'normativamente' nin a lingua A nin a lingua B. Tamén poden ter adoptado o uso de ámbalas dúas linguas como medio (Gafaranga, 1998, 1999, 2000). Para demostrar a necesidade de tal actitude, neste artigo consideraremos catro das propostas máis influentes sobre a alternancia de linguas, os traballos de Fishman, Gumperz, Myers-Scotton e Auer. Mostraremos que estas propostas non logran captar a mecánica da alternancia de linguas debido a que consideran as conversacións bilingües non cunha actitude de indiferencia, senón desde un marco normativo, de acordo co cal cada caso de alternancia de linguas é definido en termos da diferenciabilidade entre elas. Palabras clave: alternancia de linguas, diferenciabilidade entre linguas, marco normativo.


Aneta Pavlenko
Access to linguistic resources: Key variable in second language learning.

Ata datas recentes, as achegas sociolingüísticas ó estudio da aprendizaxe dunha lingua segunda estiveron centradas no papel da variación das linguas e da interacción lingüística no proceso de aprendizaxe. Nos últimos anos, algúns investigadores defenderon unha ampliación do alcance da investigación sociolingüística na ALS. De acordo con este obxectivo e mais cos recentes desenvolvementos no eido da sociolingüística, este artigo examina esa cuestión que fica ignorada pola corrente principal da ALS -o acceso ós recursos lingüísticos da lingua segunda. Argumentarei que as identidades lingüísticas, raciais, étnicas, de xénero, culturais e sociais dos aprendices e usuarios de L2