Estudios de Sociolingüística.
Linguas, sociedades e culturas, ten dous números por
ano. Diríxese a un público lector especializado, nacional
e internacional, e adopta unha concepción ampla sobre os
límites da sociolingüística, asumindo como propio
o seu carácter interdisciplinar.
Os editores convidamos ós investigadores a colaborar con
Estudios de Sociolingüística (EdS), enviándonos
artigos e recensións. Unha parte dos números de EdS
han ser monográficos. Aceptaranse propostas dos colaboradores
para preparar e editar números monográficos colectivos.
EdS dará cabida a colaboracións sobre os problemas
tradicionais nesta disciplina. EdS tamén dará cabida
a colaboracións que se desenvolvan en eidos afíns,
como a pragmática, análise do discurso, análise
conversacional, lingüística interaccional, etnografía
da comunicación, antropoloxía lingüística,
etnometodoloxía, adquisición da linguaxe e socialización,
etc. Obviamente, asumimos como naturais as diferencias de escola
ou de orientación investigadora, e todas elas terán
cabida por igual en EdS.
EdS prestaralle
unha atención especial a aquelas contribucións teóricas
e metodolóxicas da socioloxía, da psicoloxía
social ou da antropoloxía que poidan servir para dar consistencia
ós fundamentos teóricos e metodolóxicos da
sociolingüística, e á difusión entre os
sociolingüistas da evolución conceptual nas ciencias
sociais. Así mesmo, EdS considera os estudios sobre bilingüismo
un eido esencial de conexión da sociolingüística
con outras disciplinas (psicolingüística, antropoloxía
lingüística, pedagoxía, etc.) e adicaralle un
lugar importante nas súas páxinas.
Editorial
Contidos do Vol. 1,2
Comité Científico
Comité de Redacción
Envío de Orixinais
Subscricións
Volumes Anteriores
Intercambios
/ : Fernando F. Ramallo (secretario / secretary); Facultade
de Filoloxía e Traducción, Universidade de Vigo; As
Lagoas-Marcosende, s/n; Apartado 874; E-36200 – Vigo (Galicia) SPAIN.
E-mail: framallo@uvigo.es
Prezo venda de números
soltos / Sale price of one issue:
2.000 ptas (non inclúe os gastos de envío postal)
/ 2.000 ptas (doesn’t include costs of postage and packing).
Anuncios publicitarios
/ Adverts:
Estudios de Sociolingüística acepta a publicación
de anuncios publicitarios previo pagamento. Contactar co secretario
da revista no enderezo arriba mencionado.
Edita / Editorial:
Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo; Universidade
de Vigo; Edificio Fundición, Campus Universitario; E-36200
Vigo (Spain). Teléfono / Phone: 34 (9)86 81 22 35. Fax: 34
(9)86 81 21 80
Estudios de Sociolingüística
está subvencionada pola Secretaría Xeral de Investigación
e Desenvolvemento da Xunta de Galicia / Estudios de Sociolingüística
is subsidized by the General Secretary of Research and Development
from the Xunta de Galicia (Galician Government).
Secretaría
administrativa / Administrative Secretary:
Ana Ameal Guerra, Håkan
Casares Berg