Editorial / Contidos do Vol. 1,2 / Comité Científico / Comité de Redacción / Envío de Orixinais / Subscricións / Volumes Anteriores

CONTIDOS
Volume 1,1, 2000, 225 pp.

Monográfico: Bilingüismo

Editores do volume: X.P. Rodríguez Yáñez, A.M. Lorenzo Suárez & M.C. Cabeza Pereiro

SUZANNE ROMAINE
Multilingualism, conflict, and the politics of indigenous language movements
 
JOAN A. ARGENTER
Cultural identity and heteroglossia
 
PETER H. NELDE
Identity among bilinguals: An ecolinguistic approach
 
MAURO A. FERNÁNDEZ
Cuando los hablantes se niegan a elegir: multilingüismo e identidad múltiple en la modernidad reflexiva
 
CHRISTINE DEPREZ
Le jeu des langues dans les familles bilingues d'origine étrangère
 
DANIELLE BOUVET
L'accès de l’enfant sourd à la parole: une situation particulière de bilinguisme entre une langue gestuelle et une langue vocale
 
CHARLOTTE HOFFMANN
Bilingual and trilingual competence: Problems of description and differentiation
 
ALESSANDRO DURANTI & JENNIFER F. REYNOLDS
Phonological and cultural innovations in the speech of Samoans in Southern California
 
CELSO ÁLVAREZ CÁCCAMO
Para um modelo do "code-switching" e a alternância de variedades como fenómenos distintos: dados do discurso galego-português/espanhol na Galiza
 
PETER AUER
Why should we and how can we determine the "base language" of a bilingual conversation?
 
CEIL LUCAS
Language contact phenomena in deaf communities
 
JORDI COLOMINA I CASTANYER
El dialecto murciano como resultado del contacto lingüístico medieval castellano-catalán
 
SARAH G. THOMASON
On the unpredictability of contact effects
 
LOUIS-JEAN CALVET
Langues et développement: agir sur les représentations?
 
ROBERT CHAUDENSON
Planification linguistique, droit à la langue et développement
  • Suzanne Romaine
    Os expertos saben que o multilingüismo non é a aberración ou o fenómeno minoritario que moitos falantes anglo-saxóns supoñen. Pola contra, é unha necesidade normal e corrente para a meirande parte da poboación mundial. Xa que as linguas e os dialectos son con frecuencia poderosos símbolos de clase, xénero, etnia e outros tipos de trazos diferenciadores, é doado pensar que a lingua serve de base ó conflicto. Aínda que as disputas que implican á lingua non son en realidade acerca da lingua, senón que están baseadas nas desigualdades esenciais entre grupos que por casualidade falan diferentes linguas. É por esta razón pola que a lingua ten sido unha cuestión importante para diversos tipos de movementos sociais e políticos ó redor do mundo. Neste artigo examínase a política do multilingüismo a través do fenómeno dos movementos lingüísticos autóctonos en diversas partes do mundo. Entre as súas demandas, non é sorprendente a solicitada polos movementos lingüísticos autóctonos cara a algún tipo de educación bilingüe na lingua minoritaria. Ó mesmo tempo, as demandas cara á obtención de instrumentos do estado que apoien a lingua, con frecuencia socavan a súa posición e intensifican os conflictos entre a maioría e a minoría.
Palabras clave: multilingüismo, conflicto, política do multilingüismo, movementos lingüísticos autóctonos

  • Joan A. Argenter
    O suposto da identificación entre lingua e identidade cultural ten sido posto en entredito con datos empíricos na man. Sen embargo, persiste aínda un concepto exclusiva ou excesivamente estático e taxonómico da identidade sociocultural, concepto que se correlacionaría vagamente coa variación lingüística entendida, á súa vez, como mera xustaposición de códigos verbais. Se se entende a identidade sociocultural non só como un resultado historicamente determinado, senón á vez como un proceso en construcción e como a consecuencia da reacción dos axentes frente a novas situacións, deberase orientar a investigación cara o descobremento da función que as diversas variedades cumpren na construcción dinámica das identidades. Os membros dunha comunidade deben facer frente na vida cotiá ó problema da heteroglosia e fano mediante a xestión dos varios códigos e voces producidos polos individuos e polos grupos sociais. Tales códigos e voces, construídos a partir dos recursos verbais disponibles e mediante as prácticas comunicativas locais, expresan identidades e posicións sociais determinadas, á vez que reflicten as adscripcións e exclusións sociais dos falantes, as súas seguridades e os seus conflictos, as súas crenzas e ideoloxías.
Palabras clave: identidade cultural e lingua, construcción dinámica das identidades, heteroglosia.

  • Peter H. Nelde
    A construcción da identidade entre os falantes das “linguas menos usadas” resulta, en moitos aspectos, moi difícil de comparar entre os grupos minoritarios europeos debido a que as identidades etnolingüísticas e culturais das minorias veñen sendo estudiadas desde moi diferentes aproximacións investigadoras. Do mesmo xeito, como revelou a lingüística de contacto a través do informe Euromosaico, existen moitas e completamente diferentes políticas lingüísticas dentro da Unión Europea, e a consecuencia é que a identidade dos falantes minoritarios ten sido definida de xeitos diferentes dependendo dos conceptos de estado-nación dos estados membros da Unión Europea. Neste traballo preséntanse algúns aspectos internos e externos dos conflictos identitarios que se poden observar entre os membros das minorías autóctonas en Europa. Móstrase que estes rasgos son dunha importancia fundamental para a construcción dunha identidade lingüístico-cultural dentro destes grupos minoritarios que intentan evitar a asimilación a través da construcción da súa identidade, mentres que ó mesmo tempo intentan ser cidadáns socializados e aceptados polos falantes maioritarios. ¿Poden tales conflictos identitarios ser superados a través dunha planificación lingüística axeitada?
Palabras clave: grupos autóctonos minoritarios, construcción da identidade, conflictos identitarios, planificación lingüística.

  • Mauro A. Fernández
    A falta de familiaridade da sociolingüística coa teoría social conduce a usar despreocupadamente, coma se fosen transparentes e unívocos, termos que están inzados de problemas desde o inicio da súa andaina como termos técnicos. Este é o caso do termo identidade. Desde a perspectiva actual, poden adscribirse as teorías sobre a identidade formuladas polas ciencias sociais a dous grandes grupos: primordialistas e construccionistas. A perspectiva aquí adoptada é esta última. Destaca pola súa importancia a teoría da identidade social de Tajfel, recentemente desenvolta por Hogg a través da teoría da autocategorización. No presente traballo trátase da relación que poidan ter as linguas coas identidades á luz destas teorías. As linguas e as variedades lingüísticas son, por unha parte, o resultado de actos de identidade social, e por outra, son fonte de identidades sociais (entre as que están, pero non de xeito exclusivo, as identidades étnicas ou as nacionais). Así mesmo, a teoría da modernidade reflexiva baséase “no feito de que as prácticas sociais son examinadas e reformadas constantemente á luz da información que se obtén sobre esas mesmas prácticas, que dese xeito alteran o seu carácter” (Giddens). Todo este proceso repercute nas identidades e nas súas relacións coas linguas e variedades.
Palabras clave: bilingüismo, identidade, identidade social, identidades sociais e identidades lingüísticas, teoría da modernidade reflexiva.

  • Christine Deprez
    A observación in vivo dos bilingüismos familiares que teñen a súa orixe na inmigración na cidade de París, pon de manifesto que os modelos teóricos que resultan máis familiares (a través de nocións como diglosia ou dominios) non son os máis axeitados para describir tales situacións. Nestes casos, as familias son o lugar dunha “dobre mediación”, no sentido en que os pais transmiten a súa lingua nativa ós fillos, pero estes, á súa vez, aportan á casa o francés. A separación estricta “unha lingua / unha persoa” non é válida nas interaccións cotiás e o investigador terá que botar man de modalidades de tipo preferencial. Así mesmo, os nenos destas familias constrúen un sólido bilingüismo funcional, adquirindo a lingua dos pais non só na familia senón tamén con ocasión das vacacións no país de orixe dos pais. Por outro lado, a alternancia de códigos enche a asimetría existente entre os repertorios dunha e outra xeración, e constitúe a posta en práctica dunha verdadeira polifonía a través do xogo simultáneo das alianzas conversacionais e das modalizacións expresivas. A fala bilingüe destas familias recibe unha valoración negativa por parte dos autóctonos monolingües dos dous países, e a miúdo esta imaxe negativa é tamén interiorizada polos propios bilingües. Sen embargo, certas denominacións (“fran-yougo”) e certas reivindicacións da normalidade desta fala, e máis do seu carácter natural, constitúen indicios dun cambio no marco das identidades emerxentes entre a nova xeración.
Palabras clave: familias bilingües, migracións urbanas, fala bilingüe, alternancia de códigos, identidades.

  • Danielle Bouvet
    Os nenos xordos fillos de pais oíntes (que son o 95% dos casos) non poderán adquirir a lingua xestual no seu medio familiar. Será necesario valerse dunha estructura educativa onde o neno, xunto con outros nenos xordos, poida apropiarse da lingua xestual nun clima de pracer e de comunicación satisfactoria. Así, por medio da palabra xestual, o neno identificarase cos seus educadores xordos; de igual xeito, a palabra vocal vai ser para el un medio privilexiado de identificación cos seus pais oíntes, e vai desexar falar tamén “como papá” ou “como mamá”. Para responder a este desexo, é necesaria desde o comezo unha educación bilingüe, propoñéndolle ó neno, de xeito paralelo, as dúas linguas, a lingua xestual e a lingua vocal. Dentro desta educación a aprendizaxe da lingua escrita vai xogar un papel moi importante, xa que a escritura fornécelle ó neno a ocasión de descubrir as diferencias de estructura entre as dúas linguas. En calquera caso, o coñecemento e a manipulación dunha lingua que lle resulte natural é fundamental para o seu acceso á lingua vocal nas súas modalidades orais e escritas. Por outro lado, a adquisición bilingüe da linguaxe require unha estreita colaboración entre os pedagogos xordos e os pedagogos oíntes.
Palabras clave: nenos xordos de pais oíntes, educación bilingüe dos nenos xordos, bilingüismo xestual / oral, acceso á lingua vocal (oral e escrita).

  • Charlotte Hoffmann
    A investigación do bilingüismo infantil nos últimos vinte anos produciu unha considerable cantidade de datos e abriu posibles novas vías tanto para a súa descrición como para as achegas teóricas. A meirande parte dos estudios ocupáronse do bilingüismo. O trilingüismo recibiu unha atención moito menos específica. En ocasións os autores recoñecen a existencia do trilingüismo con engadidos do tipo “dúas linguas (ou máis)”, pero poucos foron os intentos por contrastar os fenómenos do bilingüismo e do trilingüismo. O obxectivo deste estudio é investigar a competencia lingüística en nenos trilingües en función de cómo se manifesta e de cómo pode ser explicada. O estudio examina certos aspectos desta cuestión que están relacionados co establecemento e a manifestación da competencia bilingüe e trilingüe, como son a conciencia lingüística, a elección de lingua e a mestura de códigos. Tamén se consideran algunhas estratexias de uso lingüístico como a alternancia de códigos e o calco por unha banda, e certas estratexias de aprendizaxe pola outra.
Palabras clave: bilingüismo infantil, trilingüismo, trilingüismo infantil, competencia lingüística.

  •  Alessandro Duranti & Jennifer F. Reynolds
    O de bilingüismo é un concepto que se apoia nunha diversidade de constructos teóricos, incluídas as nocións de “lingua”, “falantes” e “comunidade”, interactuando con eles. Sometendo estas nocións clave a novos retos empíricos e teóricos, esforzámonos por inventar unha nova linguaxe capaz de describir o que estamos aprendendo a ver sen as presuposicións erróneas das etiquetas precedentes. Isto é particularmente difícil no estudio do que probablemente é o máis emblemático dos fenómeno do bilingüismo, isto é, a alternancia de códigos. Partindo destas consideracións, neste artigo examínanse gravacións audio-visuais de interaccións espontáneas recollidas durante un proxecto de tres anos nunha comunidade samoana en California do Sur, co obxectivo de aplicar unha achega antropolóxica á alternancia de códigos. Este traballo céntrase en tres fenómenos: (i) a adopción rutinaria de termos de parentesco como Dad e Mom no discurso samoano; (ii) o estatus de “propio da illa” de certos nomes propios que non están adaptados ó rexistro fonolóxico samoano chamado “bad speech” [“mala fala”] falado na casa; (iii) a alternancia a palabras samoanas que teñen un equivalente en inglés e que están asociadas con actividades da igrexa. Arguméntase que estes tres fenómenos son indicadores de cambio social, aínda que de xeitos diferentes e por diferentes motivos. A variación atopada no corpus utilizado suxire que fenómenos lingüísticos como a alternancia de códigos deberían ser considerados como indexicalizadores dos graos de asimilación cultural e dos diferentes tipos de posturas frente á “tradición”.
Palabras clave: alternancia de códigos, perspectiva antropolóxica, indicadores de cambio social, termos de parentesco, nomes propios.

  • Celso Álvarez-Cáccamo
    Neste traballo perfílase un modelo para a análise interaccional do code-switching (CS, alternancia de códigos) como un fenómeno comunicativo separado da alternancia lingüística (AL), que é un fenómeno puramente estructural. Os códigos comunicativos son concebidos como mecanismos xerais para poñer de manifesto intencións en moitos niveis da organización discursiva. Un código comunicativo dado mobiliza e organiza series de indicios de contextualización tanto lingüísticos como non lingüísticos. Unha alternancia de códigos comunicativos, ou CS, é, xa que logo, unha estratexia detectable de recontextualización pola que son despregados conxuntos contrastados de sinais. O CS pode ou non conlevar AL, do mesmo xeito que a alternancia lingüística pode ou non ser interaccionalmente significativa en termos das intencións vehiculadas. A interrelación entre CS e a alternancia lingüística tradúces en catro posibilidades: (1) CS con AL (CScomAL); (2) AL sen CS (ALsemCS); (3) CS sen AL (CSsemAL); (4) nin CS nin AL (NemCSnemAL). As tres primeiras posibilidades son examinadas e ilustradas a través da análise interaccional de dous casos de discurso público galego-portugúes/español, procedentes de dous programas de televisión. Finalmente, proponse que un enfoque interaccional do CS debe alonxarse de nocións preconcibidas sobre as “linguas en contacto” e os seus supostos respectivos valores indicadores.
Palabras clave: alternancia de códigos (CS), alternancia lingüística (AL), análise interaccional.

  • Peter Auer
    Moitos investigadores do bilingüismo senten a necesidade de establecer que un fragmento dado de fala bilingüe está “basicamente” na lingua A, aínda que dun xeito ou doutro tamén poidan estar presentes nel elementos da lingua B. O obxectivo deste traballo é discutir os límites da habilidade do analista á hora de atribuír un fragmento dado de fala bilingüe á lingua A ou á lingua B –isto é, determinar unha “lingua base”–, e máis plantexar cal é o camiño axeitado de actuación dentro deses límites –isto é, naqueles casos nos que é realmente factible e útil reconstruír qué lingua están os participantes falando “basicamente” nun momento dado (ou durante determinada actividade). Neste estudio sostense así mesmo que nunha aproximación interpretativa á alternancia de códigos, baseada na conversación e cunha metodoloxía inspirada na análise, cómpre ter moito coidado para non confundir as identificacións das linguas feitas polos lingüistas coas feitas polos participantes. Preséntanse exemplos de cómo a “lingua da interacción” é secuencialmente negociada. Xunto a estes, discútense outros casos que exemplifican as numerosas estratexias de ambigüidade polas que os participantes bilingües poden escoller deixar momentaneamente sen resolver a cuestión da lingua da interacción.
Palabras clave: conversación bilingüe, lingua base, alternancia de códigos, mestura de  códigos, lingua da interacción.

  • Ceil Lucas
    A investigación sociolingüística en comunidades de xordos ten sido modelada por alomenos catro consideracións relacionadas entre si: (1) a relación entre a lingua falada pola comunidade maioritaria e a lingua de signos da comunidade, principalmente nos contextos educativos; (2) o limitado coñecemento da estructura lingüística da lingua de signos; (3) as dúbidas cara o estatus da lingua de signos como unha “lingua verdadeira”; e (4) a aplicación dos modelos sociolingüísticos da lingua falada ás situacións de lingua de signos. Este estudio céntrase especificamente no fenómeno do contacto de linguas en comunidades de xordos. En primeiro lugar, discútese o efecto xeral de cada unha destas catro consideracións, e preséntase un modelo de fenómenos de contacto de linguas, facendo a distinción entre as consecuencias do contacto entre dúas linguas de signos, e as consecuencias do contacto entre unha lingua de signos e unha lingua falada. En segundo lugar, preséntanse os resultados dunha investigación do contacto de linguas na comunidade xorda americana e discútense eses resultados tendo en conta as catro consideracións anteriores. En terceiro lugar, suxírense vías para futuras investigacións sociolingüísticas das comunidades de xordos.
Palabras clave: contacto de linguas nas comunidades de xordos, lingua de signos, modelo de fenómenos de contacto de linguas, sociolingüística das comunidades de xordos.

  • Jordi Colomina i Castanyer
    A conquista cristiana no século XIII das terras murcianas –daquela baixo dominio musulmán–, iniciada por Jaime I de Aragón e culminada por Alfonso X de Castela, supuxo o establecemento naquel territorio dunha importante masa de repoboadores que falaban diversas variedades romances. A partir da análise dos Libros de Repartimiento de Murcia, Orihuela e Lorca pódese imaxinar cal era a situación sociolingüística da rexión murciana na Baixa Idade Media. Parece indiscutible que hai que considerar o actual dialecto murciano coma un resultado do contacto entre as linguas catalana e castelá durante os séculos XIII-XIV. Colomina (1997) estudiou a influencia catalana nos textos murcianos dos séculos XIII a XVII. Os catalanismos son abundantes na agricultura e na pesca, pero tamén en actividades urbanas como a construcción ou a industria textil. No presente traballo complétanse os estudios precedentes cun estudio dos catalanismos do murciano a partir dos vocabularios dialectais e da literatura popular dos séculos XIX e XX.
Palabras clave: dialecto murciano, contacto catalán / castellano, catalanismos

  • Sarah Grey Thomason
    Os estudiosos da lingüística histórica saben que calquera búsqueda de prediccións determinísticas do cambio lingüístico está destinada ó fracaso. Pero o desexo de atopar explicacións do cambio lingüístico é forte, e moitos lingüistas teñen proposto xeneralizacións que implican prediccións limitadas sobre o que pode ou non pode suceder na historia da lingua. En situacións de contacto de linguas, os principais pronósticos de posibles resultados lingüísticos son sociais máis ca lingüísticos. Pero explicitar os factores sociais que son cruciais é unha tarefa difícil. Unicamente un factor social semella capaz de producir auténticas restriccións sobre os efectos lingüísticos do contacto: a presencia ou ausencia dun bilingüismo pleno entre os falantes que introducen as interferencias nunha lingua. Por outra banda, intentar atopar unha correlación fiable, a través dunha ampla gama de situacións de contacto, entre factores actitudinais específicos e resultados lingüísticos específicos é, probablemente, unha tarefa imposible. Xa que logo, o obxectivo deste estudio non é fornecer xeneralizacións predictivas sobre os xeitos en que as actitudes determinan os resultados lingüísticos do contacto, senón mostrar por qué é tan difícil atopar algunha.
Palabras clave: contacto de linguas, cambio lingüístico, xeneralizacións predictivas, bilingüismo, fenómenos de interferencia.

  • Louis-Jean Calvet
É ben coñecida a importancia das linguas gregarias ou vernáculas na loita polo desenvolvemento, posto que son imprescindibles para a transmisión dos coñecementos e técnicas necesarias para o mesmo. Este feito é especialmente constatable en África, onde as linguas “nacionais” (xa coñecidas polos nenos antes de chegaren á escola) son máis eficaces cá lingua “oficial” (francés, inglés, portugués). No eido da política lingüística, cando as solucións propostas in vitro van no mesmo sentido que as prácticas in vivo dos locutores, a operación adoita ter éxito. Os problemas comezan cando os locutores non aceptan as decisións tomadas polos políticos; neste caso normalmente o resultado é o fracaso. No marco destes problemas xerais, pode resulta de interese ampliar a noción laboviana de inseguridade lingüística, xa que as imaxes ou representacións da lingua producen seguridade ou inseguridade en varios dominios: forma, estatus, imaxe e función identitaria das linguas. O cruce destes parámetros fornece unha tipoloxía das distintas situacións. Dado que a inseguridade é un producto social, a esta tipoloxía pódenselle engadir as nocións de securización e de insecurización, de tal xeito que se plantexa a cuestión de se sería posible actuar sobre as imaxes ou representacións que os falantes se fan da(s) lingua(s), loitar contra, por exemplo, as forzas productoras de inseguridade lingüística, para así facilitar in vivo as eleccións de política lingüística levadas a cabo in vitro.
Palabras clave: política lingüística e desenvolvemento, tomas de decisión in vitro, prácticas lingüísticas in vivo, representacións lingüísticas, inseguridade lingüística, securización e insecurización.

  • Robert Chaudenson
O forte plurilingüismo de moitos dos estados africanos fai inviable a oficialización e planificación de moitas desas linguas (e isto mesmo anque se favorezan as linguas rexionais ou vehiculares). Ademais dos obstáculos económicos, a escolla destas linguas plantexa considerables dificultades políticas. Por outra parte, sexa a lingua oficial ben o francés (ou outra lingua europea) ou ben unha lingua africana, sempre se plantexa o gran problema da súa difusión masiva entre a poboación, poboación que, de non coñecer esa lingua, verase privada do seu dereito a usala e máis do acceso ó desenvolvemento humano. Neste sentido, o espacio audio-visual constitúe un instrumento de enorme importancia para a planificación lingüística concibida en relación co desenvolvemento e dentro do respecto dos dereitos lingüísticos, pois permite a coexistencia, nun mesmo espacio e a través de medios diferentes (radio, televisións, vídeo), de múltiples linguas, ó tempo que evita a meirande parte dos problemas e dos custos de planificación ligados á grafización e instrumentalización das linguas. Así mesmo, permite unha adaptación extrema a unha multiplicidade de funcións e de públicos. O espacio audio-visual constitúe, en suma, un instrumento do desenvolvemento especialmente eficaz e adaptado ós países africanos.
Palabras clave: planificación lingüística, plurilingüismo africano, desenvolvemento, dereitos lingüísticos, espacio audio-visual.

We say that someone has born only for the key moment, of course, Pierce successfully played the savior in the key moment. He got 19 points, 4 rebounds and 4 assists. In the first half, he anfl nike jerseys wholesalelmost had not any catching-eyes performance, but he exploded at last quarter and got 8 points which helps Celtics capture the match point. As can be seen from the games of the round, the ratnfl jerseys cheape of shooting of Pierce was not stable, what is more, his rate of shooting is pretty low. Except with low rate of shooting, he was still stuck with the trouble of fouls. At last 52 seconds, cheap nfl jerseysPierce made foul for Haslem and he had got one of two free throw. Celtics only have the advantage of 1, so the next attacking must score, Pierce held ball out of three-point line, he immediatewholesale jerseys for sale ly shot the ball with the defense of James, the ball was got. The last excellent performance made us forget his previous terrible performance, while James still disappeared again at key momecheap nfl jerseysnt.